Con atraso e peor dotado, pero á fin chega o ARI do centro histórico

Pontevedra
29 de xullo 2015

Despois de tres anos de atraso, o concelleiro responsable de Obras no Concello de Pontevedra, Luis Bará, anunciou a inmediata posta en marcha do ARI do centro histórico co propósito de axudar economicamente aos particulares para que poidan restaurar os seus inmobles

Edificios en ruinas no centro histórico
Edificios en ruinas no centro histórico / Cristina Saiz

Despois de tres anos de atraso, o concelleiro responsable de Obras no Concello de Pontevedra, Luis Bará, anunciou que o Concello de Pontevedra recibiu nestes días a confirmación da aprobación e a inmediata posta en marcha do ARI do centro histórico co propósito de axudar economicamente aos particulares para que poidan restaurar os seus inmobles.

En outubro do ano 2012 foi outorgada pola Xunta o Area de Rehabilitación Integrada á zona monumental de Pontevedra, un plan cuatrianual que agora tamén ve reducida a súa dotación económica respecto á cantidade inicialmente solicitada por parte do Concello, que ascendía a 6 millóns de euros.

A partida económica concreta que recibirán os dous ARI do municipio, o do casco vello e o de Estribela, queda en 2,1 millóns de euros, dentro do novo Plan Estatal de Vivenda do Ministerio de Fomento e a Xunta.

Segundo explicou Bará, estes fondos destinaranse a reformas en 27 edificios, para obras integrais de rehabilitación, cambio de cubertas ou reparacións de fachadas ou melloras das condicións de habitabilidade.

Tamén se inclúen tres actuacións urbanas nas rúas Pratería Vella, Tristán de Montenegro, e na praza de Valentín García Escudero.

Estas obras formarán parte da orde do día da próxima xunta de goberno local na que se resolverán todos os trámites para que "canto antes" póidase asinar o convenio correspondente con Fomento como da Xunta.

Bará criticou o atraso deste ARI "que obriga a executar en pouco máis dun ano estas actuacións" e lamentou a "redución substancial" dos fondos respecto á cantidade solicitada.