O Concello de Caldas de Reis analiza formas de consolidar a actividade económica

Umia
09 de febreiro 2025

O goberno municipal pon en marcha unha nova entrega da campaña ‘Eu merco en Caldas’

Presentación de 'Eu Merco en Caldas' 2024
Presentación de 'Eu Merco en Caldas' 2024 / Concello de Caldas de Reis

O goberno local de Caldas apostará de novo este 2025 por unha nova edición da campaña ‘Eu merco en Caldas’.

A iniciativa estreouse a mediados do 2024 para fomentar o mercado local e impulsar a actividade hostaleira.

A proposta do Concello avoga pola colaboración entre a institución pública e o ámbito privado co fin de acadar a desestacionalización.

Esta medida procura mellorar o rendemento da actividade comercial e hostalaría durante todo o ano e consolidar os principais dinamizadores económicos e sociais.

Deste xeito, os obxectivos en relación á hostalería xiran arredor de aumentar accións ao longo dos doce meses para manter estable a actividade.

Para alcanzar esta mellora impulsáronse actividades como ludotecas infantís e variedade de descontos, así como programas de difusión.

A intención do goberno local, segundo indicaba o alcalde Jacobo Pérez, é manter reunións periódicas cada mes ou mes e medio para traballar en máis propostas deste eido co fin de situar a localidade como referente da bisbarra.