Concello e vendedores chegan a un acordo polo mercadillo de antigüidades

Pontevedra
29 de agosto 2019

Despois da polémica da "ilegalidade" do mercadillo, a concelleira de Promoción Económica e responsable de Mercados, Yoya Blanco, reuniuse cos representantes dos vendedores para chegar a un acordo de cara á venda deste domingo 1 de setembro

Representantes do mercadillo de antigüidades da rúa Sierra con Yoya Blanco
Representantes do mercadillo de antigüidades da rúa Sierra con Yoya Blanco / PontevedraViva

Despois da polémica ocorrida durante esta semana, acerca da recolocación do mercadio de antigüidades de Pontevedra e da regularización da actividade comercial, a concelleira de Promoción Económica e responsable de Mercados, Yoya Blanco, reuniuse cos representantes dos vendedores para chegar a un acordo para a venda deste domingo 1 de setembro.

É por iso, que durante a mañá deste xoves, a concelleira estivo traballando "durante hora y media" para chegar a un consenso coa parte afectada que se mostrou positiva ante a proposta. "Lo que queremos es arreglar y solucionar este problema, no va a haber pega por nosotros", explicou Alberto Martínez, un dos representantes.

Ao acordo que chegaron, é continuar co mercadillo na rúa Sierra, xa que, segundo a concelleira, "es la mejor ubicación para no volver loca a la gente que viene habitualmente".

Desta maneira, o mercadillo divídese en dúas partes. Unha primeira, antes da chegada ao mercado de abastos, e a segunda parte, que vai ata a entrada do museo deixando "totalmente despejada" a parte de César Boente e a entrada principal do mercado.

Con respecto ao número de postos do mercadillo, nun principio había unha lista con 54 pero disminuíu debido ao descontrol que había e o domingo comezarase coa normalización "vendrá la Policía Local y algún funcionario para revisar quienes están dentro de la lista".

Sumándose a esta regularización, a concelleira concluíu con que tamén se vai a tentar potenciar a venda dos postos do mercado dándolle "una estética unificada que todavía hay que desarrollar".