A concentración moteira traerá preto de mil motocicletas a Ribadumia

O Salnés
26 de xuño 2026
Actualizado: 16:57

O Concello e a asociación Trasnos do Salnés destacaron o impacto positivo deste evento no municipio, cuxa programación incluirá este ano exhibicións, rutas, música e gastronomía

Presentación da XIV Concentración Motera
Presentación da XIV Concentración Motera / Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia acollerá esta fin de semana a XIV Concentración Moteira, organizada pola asociación Trasnos do Salnés.

A presentación oficial do evento celebrouse este venres na Praza do Concello, coa presenza de Vanesa Jorge, tenente de alcalde do Concello de Ribadumia, e por Benito Padín, presidente da organización

Tanto Jorge como Padín coincidiron no impacto deste evento na dinamización social e turística do municipio, así como na súa relevancia no calendario moteiro.

Estiman a chegada de ao redor de mil motocicletas ao longo da fin de semana.

O programa incluirá exhibicións, rutas polo municipio, actuacións musicais, entregas de premios e propostas gastronómicas, entre outras iniciativas dirixidas aos afeccionados ao motor.

Desde o Concello destacaron o traballo realizado polo persoal municipal na preparación e acondicionamento dos espazos que acollerán a concentración para garantir o correcto desenvolvemento do evento.