A gran cita moteira de Sanxenxo abre inscricións

Sanxenxo
26 de xullo 2026

Con case corenta edicións ás súas costas, esta concentración mantense como unha das grandes citas do calendario para os amantes das dúas rodas

Concentración mototurística internacional Rías Baixas Sanxenxo 2024
Concentración mototurística internacional Rías Baixas Sanxenxo 2024 / Concello de Sanxenxo

O Club Amigos da Moto Sanxenxo abre as inscricións para a XXXVIII Concentración Internacional Mototurística Rías Baixas.

Trátase dunha as citas máis veteranas do calendario mototurístico galego. Celebrarase do 11 ao 13 de setembro e este ano chega co ingrediente especial do 40 aniversario da entidade organizadora.

A efeméride converterá a edición de 2026 nunha das máis simbólicas para o colectivo, que aproveitará a ocasión para celebrar catro décadas promovendo o motociclismo e reunindo a afeccionados de toda España e tamén do estranxeiro.

Como é habitual, durante tres días Sanxenxo volverá converterse en punto de encontro para centos de motoristas, que compartirán rutas, actividades, concertos e o ambiente que consolidou á concentración como unha das referencias do noroeste peninsular.

As inscricións poderán formalizarse a través da páxina web do Moto Club. A organización mantén unha tarifa anticipada de 50 euros para o tres días do evento, dispoñible até o 7 de setembro.

A partir desa data será necesario inscribirse directamente no despacho de billetes da concentración, onde o prezo será de 60 euros para o pase completo ou de 50 euros para asistir dúas xornadas.

Aínda que o programa definitivo aínda non se fixo público, o Moto Club adianta que a edición incluirá novidades e actividades especiais para conmemorar as súas catro décadas de historia.

A programación irase desvelando nas próximas semanas a través das súas canles oficiais.

Con case corenta edicións ás súas costas, a Concentración Internacional Mototurística Rías Baixas mantense como unha das grandes citas do calendario para os amantes das dúas rodas, que volverán encher de motos as rúas de Sanxenxo nunha fin de semana no que o ruxido dos motores volverá ser protagonista.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora