Concesión de 117.000 euros da Xunta para mellora de pistas municipais

Cerdedo Cotobade
25 de febreiro 2022

 Luís López, delegado territorial da Xunta, revisou a primeira fase da mellora integral, acondicionamento e reposición do firme na estrada que une os lugares doss Palleiros e Covas, na parroquia de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade

Estrada reformada que une os lugares de Covas e Os Palleiros, en Tenorio (Cerdedo-Cotobade)
Estrada reformada que une os lugares de Covas e Os Palleiros, en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) / Xunta de Galicia

Luis López, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitaba este venres o Concello de Cerdedo-Cotobade acompañado polo alcalde Jorge Cubela para anunciar a concesión por parte do goberno galego de 117.377 euros a este municipio, a través da  Axencia Galega de desenvolvemento Rural.

Con este diñeiro está previsto actuar na mellora de pistas dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023. Durante a visita, Luís López revisou a primeira fase da mellora integral, acondicionamento e reposición do firme na estrada que une os lugares doss Palleiros e Covas, na parroquia de Tenorio.

Esta actuación acometeuse cun investimento de 48.000 euros a través de fondos do Plan de Infraestruturas Rurais 2021. A segunda e última fase levará a cabo cunha partida que a Xunta de Galicia concedeu co Plan Marco 2022-2023.

A intención, segundo explicou o delegado territorial, é mellorar a mobilidade das aldeas e parroquias para facilitar os labores agrogandeiros que, no caso de Cerdedo-Cotobade, "son fundamentais para a súa economía", afirmou durante a visita. Lembrou que este ano, a administración autonómica aumentou a partida do Plan Marco para os concellos  galegos en preto de 25.000 euros, un 27% máis en comparación co ano anterior.

López tamén fixo un balance dos investimentos da Xunta durante os últimos cinco anos neste municipio afirmando que se destinou máis dun millón de euros a través da Consellería do Medio Rural para acondicionar as vías municipais relacionadas coa actividade agraria e gandeira ou de carácter rural. Explicou que estas actuacións favorecen a modernización dos viais de ata unha quincena de núcleos rurais do Concello.