Conclúen as obras de mellora da estrada que une Valongo con Augasantas

Cerdedo Cotobade
05 de outubro 2021

El alcalde Jorge Cubela visitó el tramo acompañado por miembros del gobierno local. La obra supuso una inversión de 200.000 euros

Conclúen os traballos de mellora da estrada entre Valongo e Augasantas
Conclúen os traballos de mellora da estrada entre Valongo e Augasantas

O Concello de Cerdedo-Cotobade dá por rematados os traballos de mellora da estrada entre O Campo (Valongo) e Ceraxe (Augasantas).

O alcalde, Jorge Cubela, na compaña do tenente de alcalde Fernando Vázquez e da concelleira Galiza Aguete, inspeccionaron este martes o estado das obras, que supuxeron un investimento de preto de 200.000 euros a través do Plan Marco da Xunta de Galicia e de fondos europeos.

Os traballos consistiron, básicamente, na reposición con aglomerado en quente duns dous quilómetros de trazado entre O Campo e Ceraxe así como a adopción de medidas de mellora de tráfico en lugares específicos.

A actuación rematarase co pintado e a reposición da sinalización tanto vertical como horizontal favorecendo así unha mellor visibilidade do vial en momentos de menos luminosidade.

O alcalde Jorge Cubela cualificou a actuación dun investimento moi necesario “porque axuda a vertebrar dun modo axeitado o noso concello favorecendo a intercomunidación interior e a relación veciñal así como un acceso seguro entre núcleos rurais. A estrada estaba certamente moi deteriorada e grazas a esta xestión que fixemos ante a Xunta, o Concello puido afrontar o investimento".