Condenado a oito anos e medio por violar a unha moza no asento traseiro do coche mentres ela forcexaba

Umia
29 de xaneiro 2026

A moza saíra borracha dun bar da zona de Caldas, recolleuna e agrediuna sexualmente a pesar da súa negativa. Condenouno a Audiencia Provincial, recorreu e o TSXG confirma a pena

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra / Mónica Patxot

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de confimar a condena para un home por violar unha moza na zona de Caldas de Reis en agosto de 2022.

Os feitos ocorreron sobre as dúas da madrugada do 8 de agosto e a vítima denunciounos ese mesmo día. A Audiencia Provincial de Pontevedra xa o condenou en 2025, pero el recorreu e agora o TSXG confirma a sentenza.

Ambos os tribunais considérano autor dun delito de violación, unha agresión sexual agravada por penetración e cualificada pola vulnerabilidade da vítima.

A condena inclúe oito anos e medio de prisión, prohibición de achegarse á vítima ou comunicarse con ela durante 18 anos e medio, dez anos de liberdade vixiada e inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividade con menores de idade durante 18 anos e medio.

En concepto de responsabilidade civil, debe indemnizar á súa vítima en 320 euros polas lesións que lle causou e en 20.000 polo dano moral ocasionado.

Toido ocorreu nas inmediacións dun bar da comarca de Caldas, nun lugar escasamente iluminado. O acusado atopou á súa vítima ouriñando no arcel e preguntoulle si estaba ben e ofreceuse a axudala.

A moza pediulle auxilio para que a levase a unha parada de autobús e entrou na parte traseira do coche para que a trasladase, pero o agora condenado sentou ao seu lado e empezou a tocala.

Segundo ambas as sentenzas, "a pesar da negativa" da vítima, aproveitouse de que inxerira "unha cantidade notable de bebidas alcohólicas" e tiña "afectadas as súas facultades volitivas".

Espiuna e violouna, causándolle lesións no ombreiro. Non parou ata que a moza logrou zafarse e saír do coche e, segundo as setencias, durante todo o tempo que durou, a chica "forcexou con todas as súas forzas".

Pouco despois, apareceron no lugar un amigo da moza e outra persoa clienta do bar, que estaban á buscar, e atopárona fóra do vehículo, totalmente espida de cintura para abaixo, chorando e en estado de shock, mentres o agora condenado estaba tamén á beira do seu vehículo. Atoparon a roupa da moza no coche.

A moza sufriu erosións compatibles con arañadas no ombreiro esquerdo, na cara interna do xeonllo esquerdo, na coxa dereita, na perna dereita e na cara posterior da coxa dereita, así como erosións na cara anterior do xeonllo esquerdo e na lateral externa do xeonllo dereito, compatibles cunha caída e arrastre.