Evacuada unha condutora ao Hospital do Salnés tras un accidente na Avenida de Vilagarcía

O Salnés
31 de decembro 2025
Actualizado: 11:25

O Servizo de Emerxencias de Cambados, Garda Civil de Tráfico e Ambulancia do 061 interviron no sinistro, rexistrado ás 08:23 horas

Vehículo accidentado na avenida de Vilagarcía en Cambados
Vehículo accidentado na avenida de Vilagarcía en Cambados / Servizo de Emerxencias

Ás 08:23 horas deste 31 de decembro, o Servizo de Emerxencias acudiu a un accidente de tráfico na Avenida de Vilagarcía no Concello de Cambados.

No sinistro viuse implicada S.T.G., unha condutora de 54 anos, que foi evacuada pola ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés tras presentar dor cervical, lumbar e torácico.

O turismo no que viaxaba a muller chocou contra un vehículo estacionado na mesma vía, quedando o coche atravesado na calzada.

Ata o lugar desprazábanse tamén axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal sanitario do 061.

Tras unha rápida atención no lugar, a afectada foi trasladada para unha avaliación máis exhaustiva no centro hospitalario.

Axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de Emerxencias de Cambados no lugar do accidente
Axentes da Garda Civil de Tráfico e o servizo de Emerxencias de Cambados no lugar do accidenteServizo de Emerxencias

A circulación na zona foi parcialmente interrompida mentres os servizos de emerxencia traballaban para retirar o vehículo e restablecer a normalidade.

A Garda Civil de Tráfico investiga as causas do accidente.