Dous feridos ao chocar un coche contra unha árbore nun accidente en Cambados

O Salnés
26 de decembro 2025

O condutor, de 21 anos, foi evacuado ao Hospital do Salnes con dor torácica e cervica. Tambén resultou ferido o acompañante. Ocorreu sobre as 5.45 horas deste venres en Oubiña

Coche accidentado en Oubiña, en Cambados
Coche accidentado en Oubiña, en Cambados / Servizo de Emerxencias

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que recibir atención médica nun accidente de tráfico ocorrido de madrugada en Cambados.

O sinistro rexistrouse sobre as 5.45 horas na estrada EP-9002 no lugar de Oubiña.

O condutor, de 21 anos, tivo que ser evacuado ao Hospital do Salnes con dor torácica e cervical.

Segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, tamén resultou ferido o acompañante.

O accidente consistiu nunha saída de vía na que o turismo acabou impactando cunha árbore. O choque foi por un lateral do vehículo.

Na intervención participaron, ademais de Emerxencias de Cambados, a Garda Civil de Trafico, Protección Civil de Vilanova de Arousa e unha ambulancia do 061.

O vehículo quedou na calzada, ata que, xa de día, a Garda Civil de Tráfico autorizou a súa retirada.

Vehículo accidentado en Oubiña, en Cambados
Vehículo accidentado en Oubiña, en CambadosServizo de Emerxencias

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora