Un home de 35 anos resultou ferido e tivo que ser evacuado ao hospital tras verse implicado nun accidente nocturno en Cambados.
Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, o sinistro rexistrouse na noite deste domingo a este luns na avenida de Vilagarcía.
O sinistro consistiu nunha colisión entre un turismo marca BMW e un camión.
O condutor do turismo resultou resultou ferido e tivo que ser atendido no propio lugar do accidente por persoal sanitario.
A continuación, foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés. Presentaba, segundo Emerxencias de Cambados, dor cervical, lumbar e torácico.
Na intervención colaboraron a Garda Civil de Tráfico, Emerxencias de Cambados e Urxencias Sanitarias de Galicia 061.
