Accidente nocturno no Paseo Marítimo de Cambados cunha moza ferida

O Salnés
18 de outubro 2025

A pasaxeira de 20 anos foi trasladada ao Hospital do Salnés tras saírse un vehículo da vía e chocar contra unhas pedras ornamentais

Vehículo accidentado no Paseo Marítimo de Cambados
Vehículo accidentado no Paseo Marítimo de Cambados / Servizo de Emerxencias

Os servizos de Emerxencias do Concello de Cambados interviron nun accidente de tráfico ocorrido na noite deste venres a sábado no Paseo Marítimo do municipio de Cambados.

Un vehículo, por causas que se investigan, saíu da calzada e impactou contra unhas pedras ornamentais, causando danos ao mobiliario urbano.

O turismo sufía diferentes desperfectos tanto na parte frontal como nun lateral.

Como resultado do suceso, a pasaxeira, identificada como E.A.M., de 20 anos e veciña de Cambados, foi evacuada ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061.

Na intervención colaboraron, ademais do Servizo de Emerxencias de Cambados, persoal médico da PAC de Cambados, a ambulancia do 061 e a Garda Civil de Tráfico.

Vehículo accidentado en Cambados
Vehículo accidentado en CambadosServizo de Emerxencias