Un mozo de 17 anos foi evacuado a un centro hospitalario polo 061 tras sufrir un accidente de tráfico coa súa motocicleta na PO-550, ao seu paso por Dena, no municipio de Meaño.
O suceso rexistrouse durante a tarde deste venres 17 e requiriu a intervención de varios servizos de emerxencia.
A motocicleta impactaba contra un turismo frontolateralmente, rexistrándose un único ferido.
Segundo informou o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061 e a Policía Local de Meaño.
O menor foi atendido no lugar do sinistro e posteriormente trasladado ao hospital de referencia para recibir atención médica.
