Coñecer Santa Clara, un "privilexio" para unha vintena de arquitectos internacionais

Pontevedra
17 de maio 2024

O grupo, vinculado á Escola de Arquitectura de Oslo, estaba integrado por profesores universitarios, directivos de escolas de arte, comisarios de exposicións e promotores de festivais de cine de arquitectura de Alemania, Estados Unidos, Noruega e Reino Unido

Un grupo de arquitectos internacionais visita o Convento de Santa Clara
Un grupo de arquitectos internacionais visita o Convento de Santa Clara / Deputación de Pontevedra

O Convento de Santa Clara foi escenario este xoves dunha visita moi internacional, cunha vintena de arquitectos chegados desde diferentes partes do mundo.

Tratábase dun grupo vinculado á Escola de Arquitectura de Oslo e integrado por profesores universitarios, directivos de escolas de arte, comisarios de exposicións e promotores de festivais de cinema de arquitectura de Alemaña, Estados Unidos, Noruega e Reino Unido.

Todos eles estaban relacionados cun proxecto investigador sobre a proxección do patrimonio histórico no futuro, e segundo a Deputación de Pontevedra, que exerceu de guía, resaltaron o "privilexio" de coñecer Santa Clara e o proxecto de reforma e conservación que está previsto acometer para integralo dentro do Museo de Pontevedra.

A expedición estivo acompañada polo vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, para quen esta visita supón un paso máis para "converter a Pontevedra nun espazo cultural de relevancia internacional, co Museo como faro e Santa Clara como puntal".

A visita foi organizada pola Fundación RIA, vinculada ao recoñecido arquitecto David Chipperfield.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora