Este mércores 16 ás 17.15 horas, o IES Sánchez Cantón establecerá unha videoconferencia co colexio Alton Convent School de Gran Bretaña dentro do proxecto Erasmus + "KIKS-Kids Inspire Kids for STEAM", un proxecto para motivar os estudantes en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas.
Esta iniciativa, que promove o profesor Benito Búa, permitirá que unha alumna do Alton Convent School, Lauren Shea, de 16 anos, entre en conexión cos estudantes do instituto pontevedrés para potenciar os estudos de carácter científico-tecnolóxico. Lauren recibiu varios premios no seu país, entre eles o "TeenTech" e o "Arkwright Award".
Esta videoconferencia dividirase en dous partes. A primeira será en español e Lauren Shea explicará a súa experiencia persoal realizando proxectos científico-tecnolóxicos a alumnos do seu mesma idade e que están a realizar estudos deste tipo no Sánchez Cantón.
A segunda parte consistirá nunha quenda de preguntas para que os estudantes pontevedreses pregunten, en inglés, aquelas dúbidas que lle xurdan en relación con estes traballos científicos-tecnolóxicos.
Durante esta sesión estará presente como oínte un dos responsables de STEM Team East, Tony Houghton, socio do proxecto KIKS.
A videoconferencia será gravada en vídeo e TeenTech solicitou dispoñer destas gravacións para inserir un vídeo na súa web. Ademais, TeenTech convidou ao IES Sánchez Cantón para participar no concurso que organizan. Trátase da primeira vez que esta compañía abre a un Centro non británico a posibilidade de formar parte dos seus concursos. No instituto pontevedrés formáronse catro equipos que traballan en diversos proxectos: