Confinamento para as aves de curral polo risco alto por gripe aviaria

O Salnés
18 de xaneiro 2025
Actualizado: 10:22

Entre outros municipios, a medida afecta a: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa

Galiñas
Galiñas

O Ministerio de Agricultura declarou o risco alto por gripe aviaria e obriga a encerrar ás aves de curral nos concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo y Vilanova de Arousa.

Esta medida entrará en vigor o vindeiro luns 20 de xaneiro.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación acaba de actualizar a situación epidemiolóxica da influencia aviaria en España debido ao aumento rexistrado nos últimos meses de focos desta enfermidade en Europa, tanto en aves domésticas como silvestres.

Neste sentido, xunto cos movementos migratorios de aves silvestres, á aparición de casos en Francia e Portugal e ás baixas temperaturas que facilitan a supervivencia do virus no medio ambiente, determina un aumento no nivel de risco a nivel nacional.

Co obxectivo de evitar a aparición de focos de influencia aviaria de alta patogeneidad (IAAP) adoptáronse medidas de mitigación do risco en toda España.

As restricións afectarán os concellos que se atopan dentro das zonas de especial risco (ZER) e zonas de especial vixilancia (ZEV).

As medidas de prevención que se deben adoptar no sete concellos galegos que pertencen á zona ZEV (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa, todos eles na provincia de Pontevedra) pasan, entre outras, pola prohibición da cría de aves de curral ao aire libre; agás que non sexa posible, nese caso será necesaria a utilización de dispositivos como teas paxareiras que impidan a entrada das aves silvestres nas instalacións, nas que obrigatoriamente se alimentará e proporcionará auga ás aves domésticas.

Prohíbese tamén dar auga procedente de depósitos aos que poidan ter acceso as aves silvestres e a suspensión de concentracións, como mercados ou exhibicións de calquera tipo de aves. Esta será tamén a única prohibición que se aplicará nos concellos das zonas ZEV: Ortigueira, Cariño, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Dumbría, Mazaricos, Vimianzo, Zas, Ribadeo, Trabada, Vilar de Santos, Sandiás, Porqueira, Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Moaña, Redondela, Pontevedra, Soutomaior, Vilaboa, Marín, Vilagarcía de Arousa, Meis, e Poio.

Todas estas medidas poderán ser obxecto de revisión nas próximas semanas, en función da evolución da situación epidemiolóxica.

Aínda que para o resto dos concellos non se dictan medidas específicas, en todo o territorio é importante reforzar as medidas de bioseguridad nas explotacións avícolas, tanto as de carácter industrial como as particulares, especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto coas aves silvestres, así como intensificar a vixilancia das aves domésticas e silvestres, comunicando de inmediato aos servizos veterinarios oficiais calquera sospeita da enfermidade.

No caso das aves silvestres esta comunicación pódese levar a cabo a través do teléfono de atención á cidadanía 012.