Un novo sistema para a recollida e tratamento de residuos entra en funcionamento en Soutomaior tras a adxudicación do contrato á empresa Urbaser.
O novidoso modelo, denominado "Conscientes, medra en verde", contempla cambios significativos pensados para mellorar a xestión do lixo e fomentar prácticas máis respetuosas co medio ambiente.
Entre as principais melloras inclúense a renovación completa dos colectores, a creación de novas illas de reciclaxe, a repartición de composteiros individuais gratuítos e a habilitación dun punto limpo na nave de Urbaser, ao que veciños e veciñas poderán levar obxectos voluminosos.
O sistema tamén prevé servizo de recollida a domicilio de restos de poda e a apertura dunha oficina de atención presencial no núcleo urbano.
A renovación do modelo contempla a implantación dun sistema dixital mediante tarxetas, permitindo o seguimento telemático do uso do contedor marrón para materia orgánica e o control do enchido dos colectores.
Ademais, sumarase un novo centro de compostaxe comunitaria á oferta existente e habilitaranse puntos limpos móbiles, así como a recollida de animais domésticos falecidos.
Segundo informan responsables municipais, este novo contrato é o resultado dunha actualización obrigatoria das ordenanzas fiscais, en cumprimento das normativas da UE e do aumento do canon Sogama.
Pese a iso, o incremento das taxas será mínimo, co obxectivo de garantir un servizo mellorado para toda a veciñanza, indican desde o goberno local.

O alcalde, Manu Lourenzo, destaca que "Conscientes" responde a meses de traballo e busca facilitar un servizo máis moderno, ecolóxico e eficiente.
A técnica de medio ambiente, Sara Teijeira, subliña que esta iniciativa permitirá impulsar a reciclaxe e integrar o medio ambiente nas diferentes áreas de xestión municipal.