Construcciones EC Casas encargarase do mantemento de estradas rurais

Pontevedra
03 de agosto 2015

A empresa EC Casas executará estes traballos por 241.995 euros. Esta construtora ofrecera unha rebaixa sobre o tipo de licitación dun 9,6% e como melloras ofreceu un tempo de resposta de 24 horas para a atención de incidencias e un incremento no grosor da capa de asfalto de 1 centímetro

Segunda fase das obras de reforma urbana na rúa Blanco Porto Mónica Patxot

O voceiro do goberno municipal, Raimundo González, informou que a xunta de goberno local adxudicou este luns á empresa EC Casas o mantemento das vías públicas do rural pontevedrés.

A empresa EC Casas executará estes traballos por 241.995 euros.

Esta construtora ofrecera unha rebaixa sobre o tipo de licitación dun 9,6% e como melloras ofreceu un tempo de resposta de 24 horas para a atención de incidencias e un incremento no grosor da capa de asfalto de 1 centímetro.

Este contrato ten como obxectivo "prolongar a vida útil das estradas do municipio, garantindo a mobilidade e accesibilidade", sinalou Raimundo González.