Unha carpa está xa instalada na praza do Teucro de Pontevedra e no interior avanza a montaxe dos 32 stands que este ano formarán parte da XIV edición da feira de artesanía e agasallo Pontenadal, bautizada nos últimos anos como 'As Nadaladas do Teucro.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o presidente de Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCU), Miguel Lago, achegáronse este sábado ata a praza do Teucro para supervisar os traballos de montaxe dos postos.
A carpa abrirá as súas portas ao público entre o 20 de decembro e o 5 de xaneiro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.30 horas. Tan só pechará os días de Nadal e Ano Novo.
Pontenadal contará nesta edición cun total de 32 stands, nos que os cidadáns poderán atopar os agasallos máis orixinais: coiro, pel, cerámica, pintura, téxtil, prata, produtos apícolas, complementos, xoguetes de madeira, artesanía en olivo, cervexa artesá, arte en cristal, e un sen fin de obsequios para este Nadal.
Yoya Blanco destaca que ao igual que en anteriores edicións, contarase coa participación de varias ONGD como a Asociación Alba, Amencer e Solidariedade Internacional.
O número de stands é semellante ao de edicións anteriores, quedando expositores na lista de reserva, o que é outra proba máis do éxito desta feira. Todos os expositores son da provincia de Pontevedra, de municipios como a propia capital, Poio, Vigo, Cangas, Bueu, Marín, O Grove, Ponte Caldelas, A Coruña, Lugo e Ourense.