Continúa a campaña de "Volta ao Cole" nos establecementos da Zona Monumental

Pontevedra
10 de setembro 2021

Desde o 1 ao 15 de setembro, a campaña premia a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores unha atractiva promoción que incentiva a realización das compras nos establecementos asociados ofrecendo a posibilidade de conseguir importantes premios  

Un grupo de nenos
Un grupo de nenos / Xunta de Galicia

Continúa a campaña de "Volta ao Cole" que leva a cabo a Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental.

Desde o 1 ao 15 de setembro, a campaña premia a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores unha atractiva promoción que incentiva a realización das compras nos establecementos asociados ofrecendo a posibilidade de conseguir importantes premios.

Por cada compra os clientes recibirán unhas papeletas para entrar no sorteo de dez IPAD de 32   gigas e con pantalla de 10,2 polgadas. Só é válido un premio por persoa.

O sorteo realizarase o día 17 de setembro ás 13 horas na sede da asociación na rúa Sierra.

Para esta campaña o CCU Zona Monumental conta coa colaboración da Xunta de Galicia e de Supermercados Froiz.