Continúan os traballos de limpeza e baldeo en Caldas de Reis

Umia
12 de xuño 2025

Para a realización destas tarefas de mantemento foi necesario limitar o estacionamento entre o pasado martes e este xoves, xornada na que finalizou a actuación.

Limpeza de beirarrúas en Caldas de Reis
Limpeza de beirarrúas en Caldas de Reis /

O Concello de Caldas de Reis está a acometer estes días unha nova quenda de traballos de limpeza e baldeo en diferentes áreas do núcleo da vila.

Os operarios municipais procederon esta semana á limpeza das beirarrúas nun tramo da EP-4008, a estrada que une a localidade caldense con Portas.

Para a realización destas tarefas foi necesario limitar o estacionamento entre o pasado martes e este xoves, xornada na que finalizou a actuación.

O alcalde, Jacobo Pérez, explica que se continuará con todas estas actuacións ao longo dos vindeiros días, se ben estarán condicionadas pola meteoroloxía.

"Seguiremos traballando rúa por rúa", asegurou, dando continuidade así a unha liña de actuación que se consolidou ao longo do actual mandato, para ter o casco urbano nun estado óptimo.

Unha das zonas nas que se levarán a cabo estas tarefas de limpeza próximamente será na contorna da Tafona. Durante o desenvolvemento dos traballos non se poderá estacionar, algo que será anunciado coa debida antelación, tal e como se está a facer nos lugares nos que se actuou.

Por outra banda, Jacobo Pérez tamén agradeceu os traballos que están levando a cabo desde o Ministerio de Fomento para a posta a punto e limpeza de beirarrúas en Santa María e Carracedo, dando así resposta a unha solicitude realizada polo Concello.

O alcalde sinalou que a vindeira semana desenvolveranse unhas obras na contorna da Escola Infantil, que obrigarán a realizar cambios no acceso de xeito temporal.