Contratan a reparación das filtracións nas oficinas municipais de Michelena e a Casa da Luz

Pontevedra
04 de xaneiro 2024

A Xunta de Goberno Local de Pontevedra aprobou este xoves obras de emerxencia no edificio de Michelena, 30 e na Casa da Luz, que acollen oficinas municipais

Casa da Luz
Casa da Luz / Mónica Patxot

A Xunta de Goberno Local de Pontevedra aprobou este xoves obras de emerxencia no edificio de Michelena, 30 e na Casa da Luz, que acollen oficinas municipais.

Segundo informou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, no caso da sede de Michelena, o vento levantou un ferro do lucernario da cuberta, o que provocou filtracións de auga nas oficinas. 

A empresa Construcións Ramírez ten prevista a instalación dunha nova liña de vida homologada para actuar na cuberta, impermeabilizar canlóns e colocar un novo lucernario.

Tamén na Casa da Luz sufriu danos importantes por mor dos temporais. Neste caso o custo dos arranxos ascende a 172.000 euros.

Construcciones Ramírez procederá á substitución de tabiques e pavimentos danados pola auga e colocará bombas para evacuar a auga e un sistema de alarmas por fallo eléctrico. Ademais terá que solucionar a inundación existente no baixo da Casa da Luz que está causada pola existencia dunha mina de auga que produciu danos nos tabiques, no mobiliario e ha inutilizado o ascensor. 

As bombas que se instalarán están conectadas coa rede de pluviais para evacuar a auga.