Operarios dos servizos de emerxencias lograban conter a vertedura de combustible dun camión de transporte de madeira que na mañá deste luns 25 envorcaba na autoestrada AP-9 á altura de Portela, no municipio de Barro.
O accidente rexistrábase minutos máis tarde das 10.00 horas cando varios particulares alertaron ao 112 Galicia do accidente.
Por causas que se investigan, o camión, que levaba unha carga de madeira, envorcaba no quilómetro 122 da AP-9. No momento en que se producía a alerta, o condutor atopábase xa fóra da cabina do camión polos seus propios medios.
Este condutor, único ocupante do vehículo, resultaba ileso.
Ata o punto desprazábanse os bombeiros de Ribadumia, que detectaban a perda de combustible do camión. Foi necesario realizar tarefas de contención e limpeza, segundo o 112.
As tarefas continuaron executándose finalmente polos servizos de mantemento da autoestrada.
No operativo participaban tamén axentes da Garda Civil de Tráfico.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.