Convocada unha protesta veciñal en Monte Porreiro contra o proxecto de peonalización do barrio

Pontevedra
22 de setembro 2021

A Asociación de Veciños O Mirador solicitou permiso á Subdelegación do Goberno para realizar unha concentración de protesta o vindeiro venres 24 de setembro

Rúa Alemaña, Monte Porreiro
Rúa Alemaña, Monte Porreiro / Mónica Patxot

A Asociación de Veciños O Mirador de Monte Porreiro solicitou permiso á Subdelegación do Goberno para realizar unha concentración de protesta o vindeiro venres 24 de setembro.

O motivo é o "rexeitamento ante o proxecto de peonalización da rúa Alemaña que pretende levar a cabo o grupo de goberno do Concello de Pontevedra", razoa no seu escrito o colectivo veciñal.

A protesta terá lugar na rotonda situada entre o Puente das Palabras e as rúas Grecia e Francia do barrio pontevedrés, a partir das 20.00 horas.

O Mirador sinala na súa solicitude que se establecerán medidas de prevención contra a covid durante a concentración, esixindo aos asistentes o uso de máscara e que se manteña unha prudencial distancia social.