A falta de persoal médico no Centro de Saúde de Vilalonga está á orde do día. Segundo denuncia a plataforma SOS Sanidade Pública Sanxenxo, Baltar volveu quedarse "coa metade do persoal médico e un só médico ten que facerse cargo do seu cupo, de dez pacientes por día que lle endosan da axenda da compañeira e aquelas urxencias que aparezcan", explicaron.
"Nesta situación", engaden, "estarán polo menos ata o vindeiro 1 de decembro", polo que fan un chamamento a toda a poboación para que participe na concentración 'Arroupa A Sanidade Pública Digna', que se celebrará o vindeiro domingo 20 de novembro ás 12:00 horas nas inmediacións do Centro de Saúde de Baltar, en Portonovo.
Nela participarán nunha 'performance' de monecos e peluches organizada polo colectivo 'Pediatras e Matronas Xa', que tamén denuncian a falta de facultativo de pediatría no citado centro de saúde.
"As axendas están pechadas de médicos de familia e co PAC (Urxencias) atendido sen un equipo completo de médico, enfermeiro e PSX", derivando aos pacientes, a maioría das veces, ao Servizo de Urxencias de Montecelo, o que ocasiona o "desbordamento completo" deste servizo que "se podería atender tanto en consulta ordinaria como en urxencias dos centros de saúde".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.