Raviolis de berberechos en salsa de atún Pescamar

Pontevedra
19 de outubro 2024
Actualizado: 21 de marzo 2025

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita na que imos aproveitar todos os beneficios que nos ofrecen os berberechos e o atún

Raviolis en salsa Freepik

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha deliciosa receita da cociña italiana, coa que imos aproveitar todos os beneficios que nos ofrecen os berberechos e o atún de Conservas Pescamar.

Os berberechos son moluscos altamente nutritivos, grazas ao seu contido en ferro e en proteínas de calidade.

Berberechos ao natural PescamarConservas Pescamar

Tamén o atún destaca pola súa achega en proteínas de gran valor biolóxico, ademais do seu alto contido en Omega-3.

Atún claro en aceite de oliva PescamarConservas Pescamar

Para preparar uns deliciosos Raviolis de berberechos en salsa de atún Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 250 gr. de pasta fresca para ravioli

- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar

- 1 lata de atún claro en aceite de oliva Pescamar

- 200 gr. de queso ricota

- 200 gr. de espinacas tenras

- aceite de oliva

- follas de albáfega

- pementa negra

- sal

- 100 g de champiñóns

- 100 ml de agua

- 20 ml de leite

- 100 ml de nata para cociñar

- 1 cebola pequena

- 20 g de fariña

- 100 ml de caldo de verduras

- pemienta branca

Preparación:

Para o recheo, poñemos nun bol o contido das dúas latas de berberechos ao natural Pescamar, previamente escorridas (reservamos o líquido). Engadimos o queixo ricota e as espinacas. Batemos. Coa mestura, imos formando varias bólas pequenas.

Estiramos a pasta fresca e cortamos cadrados de aproximadamente 6 centímetros de lado. Colocamos unha bóla de recheo no centro dun cadrado e cubrimos con outro cadrado. Cun pouco de auga mollamos os bordos e selamos axudados dun garfo. Actuamos da mesma maneira co resto de pasta. Deixamos repousar cada peza sobre unha superficie lixeiramente enfariñada.

Unha vez que os raviolis estean secos e consistentes, procedemos a cocelos en abundante auga cun pouco de sal uns 8 minutos.

Para a salsa de atún, picamos a cebola e a refogamos en aceite de oliva. Cando empece a estar transparente, agregamos os champiñóns previamente fileteados, salpementamos e engadimos a fariña. Unha vez que se doura, incorporamos o caldo de verduras, a auga, o mollo das latas de berberechos e o leite, remexemos ben e deixamos cocer durante 40 minutos.

Transcorrido o tempo, retiramos do lume, achegamos o contido escorrido da lata de atún claro en aceite de oliva Pescamar e as follas de albáfega. Trituramos.

A continuación, vertemos a nata mentres removemos ata alcanzar a textura que desexemos, e rectificamos de sal e pementa. 

Para empratar, colocamos os raviolis nunha ensaladera e cubrimos coa salsa de atún quente. 

En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.