Correos conta na cidade de Pontevedra con 16 vehículos eléctricos

Pontevedra
10 de xaneiro 2024

Coa progresiva implantación de flótaa "cero emisións" Correos logrou reducir máis de 19 toneladas de emisións de CO2

Furgoneta de Correos
Furgoneta de Correos / Correos

Correos conta con 16 vehículos eléctricos en Pontevedra, grazas aos cales no último ano logrou reducir a emisión de 19,37 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera.

Á parte da redución de emisións de dióxido de carbono á atmosfera, o vehículo eléctrico é o único "cero emisións" na súa propulsión e por tanto, contamina menos na súa condución e favorece a mellora da calidade do aire.

Ademais, producen unha menor contaminación acústica e unha maior eficiencia enerxética, dado que o motor de combustión ten un rendemento enerxético do 27% e o motor eléctrico está en torno ao 75%.

A nivel nacional, Correos conta con máis de 2.800 vehículos ecolóxicos, entre eles 2.506 vehículos eléctricos e 310 furgonetas híbridas ou ECO, a maior frota eléctrica da Administración en España e unha das maiores do sector da distribución no país.