Desde primeiras horas deste martes 2 de xaneiro, os servizos de Emerxencias do Concello de Vilagarcía de Arousa traballan nun edificio da Avenida das Carolinas para retirar as pezas que comezaron a desprenderse da fachada.
Segundo o servizo de Emerxencias tres brigadas interveñen nestes traballos para extraer as pezas que se están soltando debido aos fortes refachos de vento que se producen desde primeiras horas da xornada.
O operativo provoca cortes intermitentes da circulación de tráfico na contorna da Avenida das Carolinas ata que se resolva definitivamente a situación.