Costas desafectará os terreos para ampliar a praia fluvial de Ponte Sampaio

Pontevedra
23 de xaneiro 2018

O servizo provincial de Costas iniciou os trámites para desafectar os terreos situados entre a ponte medieval e o colexio de Ponte Sampaio, ocupados principalmente polo actual campo de fútbol. O proceso, solicitado polo Concello hai uns meses, permitirá ampliar a praia fluvial da parroquia

Praia fluvial de Ponte Sampaio
Praia fluvial de Ponte Sampaio / Mónica Patxot

O servizo provincial de Costas iniciou os trámites para desafectar os terreos situados entre a ponte medieval e o colexio de Ponte Sampaio, ocupados principalmente polo actual campo de fútbol. O proceso, solicitado polo Concello hai uns meses, permitirá ampliar a praia fluvial da parroquia.

Costas abriu o proceso de exposición pública para que, os posibles afectados, poidan presentar as súas alegacións.

Se non hai oposición, o Goberno cedería todos estes terreos -duns 20.000 metros cadrados- ao Concello para que poida executar as obras.

O proxecto municipal para este ámbito ascende inicialmente a 2,7 millóns de euros.

O actual campo de fútbol será derrubado para poder ampliar o areal, crear novas zonas verdes, mellorar o parque infantil, dotar á parroquia dun espazo polivalente para deportes e actos culturais ou facer máis grande o aparcadoiro. Esta actuación está valorada en 1,4 millóns.

Tras comprar uns terreos de 11.000 metros cadrados enfronte do actual campo -non afectados por Costas-, o Concello destinará 1,3 millóns a construír as novas instalacións deportivas.

Para iso asinará o mes que vén un convenio coa Deputación, que inclúe tamén o campo que se fará en Campañó. Ambos serán de céspede artificial.