Cotobade gaña o concurso da Troita de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
01 de xuño 2015

Xa era luns cando, a altas horas da madrugada, remataba en Ponte Caldelas la Festa da Troita. A música da París de Noia puxo o punto final á edición deste ano dunha das citas gastronómicas máis arraigadas e de maior prestixio da comarca

Concurso Internacional de pesca da Festa da Troita Concello de Ponte Caldelas

Xa era luns cando, a altas horas da madrugada, remataba en Ponte Caldelas a Festa da Troita. A música da París de Noia puxo o punto final á edición deste ano dunha das citas gastronómicas máis arraigadas e de maior prestixio da comarca.

Un evento que arroupa unha competición, que nas súas conclusións finais botou o seguinte resultado.

Na clasificación individual sénior resultou gañador Manuel Portela Oliveira, da Sociedade de Caza e Pesca de Cotobade. En segundo lugar Fernando Blanco González, tamén de Cotobade, e terceiro, David Álvarez Lorenzo, da Sociedade Deportiva Londra de Rois (A Coruña).

A sociedade de Cotobade encabezou a clasificación xeral por equipos, seguida da de Rois.

No concurso de veteranos venceron os pescadores da sociedade Río Ulla da Estrada: primeiro quedou Manuel Mariño Varela e de segundo, Manuel Parama Sánchez. En terceira posición quedou Luis Lorenzo Otero, do club Verdeseixo de Ponte Caldelas.

Entre as mulleres, gañou Melani Gestoso Rey, seguida de Jessica María Moldes Ojea, ambas as dúas da sociedade Londra.

Na categoría xuvenil o vencedor foi Jonathan Argibay Juncal, da Sociedade de Pesca Deportiva O Isco do Grove.

E finalmente, na categoría infantil impuxéronse os representantes do club local de Verdeseixo con Iván Moledo Amoedo en primeiro lugar, seguido de Óscar Garrido Peleteiro no segundo posto e de Anxo Estévez Diz no terceiro.

José Antonio Lorenzo Freitas, da mesma sociedade pontecaldelana logrou o premio á peza de maior tamaño.