A xunta de goberno do Concello de Pontevedra adxudicou este luns dous novos proxectos de mellora da mobilidade, accesibilidade e seguridade viaria no rural.
Segundo informou a viceportavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, estas dúas actuacións elévanse ata os 468.292 euros e foron adxudicadas á empresa Covas na parroquia de Campañó e a firma E.C. Casas en Lourizán.
Concretamente, no primeiro caso trátase de actuar no viario de Sabarís a Cabaleiro, cun orzamento de 240.896 euros.
Mentres que en Lourizán as obras levarán a cabo na contorna do colexio da Carballeira por un total de 297.395 euros.
Anabel Gulías enmarcou estas dúas obras na extensión ás parroquias de rural do modelo de cidade.
Ambas as empresas ofertaron melloras na capa de asfalto, na sinalización e a construción de medidas de acougado do tráfico, tamén chamadas lombos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.