COVSA executará o parking para autocaravanas en Tafisa

Pontevedra
05 de outubro 2016

As obras comezarán antes de que finalice o mes e teñen un prazo de execución de tres meses, polo que o parking debería estar terminado, como moi tarde, a principios de 2017

Parcelas da antiga Tafisa (arquivo)
Parcelas da antiga Tafisa (arquivo) / PontevedraViva

A empresa COVSA será a encargada de executar o parking para autocaravanas que o Concello de Pontevedra proxectou nos antigos terreos de Tafisa.

A mesa de contratación considerou a oferta da construtora por ser a máis favorable para os intereses municipais. Realizará estes traballos por 188.440 euros, uns 20.000 euros menos do seu prezo de licitación.

As obras comezarán antes de que finalice o mes e teñen un prazo de execución de tres meses, polo que o parking debería estar terminado, como moi tarde, a principios de 2017.

Esta infraestrutura contará con vinte prazas para o aparcadoiro deste tipo de vehículos. Ocupará un terzo da parcela municipal na que se situará, a que estaba reservada para hotel e que será utilizada mentres non haxa interesados en comprala.

O resto será habilitado como aparcadoiro disuasorio, que terá espazo para 66 vehículos.

Ademais, a entrada e a saída deste aparcadoiro contará con pasos elevados para evitar que os vehículos saian ou entren a gran velocidade.