Crédito de 2,8 millóns para financiar a renovación da cuberta do municipal e outras obras urbanas e rurais

Pontevedra
30 de xullo 2015

O Concello de Pontevedra avanza na tramitación do crédito, ao que optan catro entidades bancarias. Destinarase a financiar partidas de investimento incluídas no presuposto municipal

Raimundo González, concelleiro de Facenda
Raimundo González, concelleiro de Facenda / PontevedraViva

Catro entidades bancarias optan ao crédito de 2.885.496,14 euros que quere contratar o Concello de Pontevedra para financiar varias partidas incluídas no presuposto municipal.

Descartadas as ofertas presentadas por Bankia e Banco Santander por incumprir os requisitos do concurso público, optan a este contrato Abanca, BBVA, Sabadell e Bancaja, segundo explicou o concelleiro de Facenda, Raimundo González.

A falta de pechar a operación, o responsable municipal detallou a que se destinará este diñeiro, previsto unicamente para investimentos.

Deste modo 500.000 euros irán para a renovación da cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes, 200.000 euros para melloras da rede de rede de sumidoiros, 700.000 para obras de accesibilidade rural, 400.000 euros para obras de accesibilidade urbana, 635.000 euros para a mellora de rúas, 150.000 para edificacións e 300.000 euros para as obras de Acues, todo iso en cifras aproximadas.

Raimundo González asegurou que a tramitación deste proceso non paralizará a contratación das obras a realizar.