Con ingredientes de alta calidade de Conservas Pescamar, a crema fría que nos propón a serie "A cociña gourmet en conserva" convértese nunha opción saudable, refrescante e deliciosa para quen busca unha comida rápida e nutritiva nestes días calorosos.
Nesta receita imos aproveitar todos os beneficios da cabala, un dos peixes azuis máis apreciados polo seu exquisito sabor e achega en Omega 3.

Para cociñar unha saborosa Crema fría de cabaciña con cabala Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes (4 persoas):
- 2 cabaciñas medianas
- 2 cenorias grandes
- 1 lata de Filetes de cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar
- 1 cunca (240 g) de iogur grego natural
- 1 dente de allo
- 2 culleradas de aceite de oliva
- Sal e pementa ao gusto
- Zume de medio limón
- Herbas frescas (como aneto ou perexil) para decorar
Preparación:
Lavamos e pelamos as cenorias e as cabaciñas. Cortámolas en anacos medianos.
Nunha pota con auga fervendo e sal, cociñamos as cabaciñas e as cenorias durante uns 10 minutos, ata que estean tenras. Escorremos e deixamos arrefriar.
Nunha tixola, cunha cullerada de aceite de oliva sofritimos o allo picado durante un minuto. Engadimos os Filetes de cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar en anacos pequenos (reservamos unha parte do aceite da lata) e cociñamos uns 2 minutos para que se impregne de sabor.
Nun vaso batedor, colocamos as cabaciñas, as cenorias, a cabala co allo, o iogur grego, un chorriño do aceite da lata, o zume de limón, sal e pementa. Trituramos até obter unha crema suave e homoxénea.
Refrixeramos a crema durante polo menos 1 hora para que estea ben fría e os sabores se integren.
Servimos en pratos ou cuncos individuais, decorando con herbas frescas.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
