Críticas ao Concello de Ponte Caldelas polos danos na Capela do Balneario: "o abandono leva ao vandalismo"

Ponte Caldelas
14 de outubro 2022

Segundo indicou a portavoz do BNG, Sol Seoane, "o abandono é o caldo de cultivo para o vandalismo", e culpa ao goberno de Andrés Díaz por ter a zona e a súa contorna "estado de absoluto abandono" o que "facilita que se produzan este tipo de actos vandálicos"  

Zona en estado de abandono en Ponte Caldelas BNG de Ponte Caldelas

Críticas ao Concello de Ponte Caldelas por parte do BNG tras a aparición dunhas pintadas na Capela do Balneario e da cal se coñecen os seus autores.

Segundo indicou a portavoz do partido nacionalista, Sol Seoane, "o abandono é o caldo de cultivo para o vandalismo", e culpa ao goberno de Andrés Díaz por ter a zona e a súa contorna "estado de absoluto abandono" o que "facilita que se produzan este tipo de actos vandálicos".

É por iso que desde o BNG instan ao alcalde a que "traballe para manter en bo estado o noso patrimonio, tanto natural como cultural, que a día de hoxe deixa moito que desexar, porque nun espazo coidado é máis difícil que se produzan actos vandálicos como os que se deron na capela do balneario".

Incidiu, por último, na necesidade de actuar nas pasarelas do río Verdugo e nos petróglifos que, na actualidade, están "totalmente abandonados".