Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita na que os mexillóns en escabeche da gama gourmet de Conservas Pescamar combinan á perfección co matiz doce que achega a pataca.
O mexillón destaca polo seu alto contido en proteínas de gran valor biolóxico, ácidos graxos Omega-3, minerais como o ferro, o iodo, o fósforo e o magnesio, así como vitaminas do grupo B.

Para preparar este saboroso Crocante de pataca con mexillóns gourmet Pescamar para catro persoas necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar
- 2 patacas grandes
- 100 g de brotes de soia
- 4 ovos
- 2 cucharadas de ceboliño fresco picado
- 1 culler pequena de xenxibre raiado (opcional)
- Sal e pementa ao gusto
- Follas de perexil
- Aceite de oliva para fritir
Para a salsa de acompañamento:
- Escabeche das latas de mexillóns gourmet Pescamar
- 1 culler de salsa de soia
- 1 culler pequena de mel
- Unhas pingas de zume de lima
PREPARACIÓN:
Raiamos as patacas e escurrímolas ben para eliminar o exceso de auga, axudándonos dun pano ou papel absorbente.
Escurrimos os Mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar, reservando o escabeche para a salsa.
Nun bol, mesturamos a pataca raiada cos ovos batidos, os brotes de soia, unha culler e media de ceboliño picado e o xenxibre. Salpimentamos ao gusto e engadimos os mexillóns, integrándoos con coidado para que non rompan.
Nunha tixola ampla con aceite de oliva quente, vertemos porcións da mestura e esmagámolas lixeiramente para darlles forma de torta. Cociñamos a lume medio ata que estean douradas e trisquen por ambos os lados.
Retiramos e colocamos sobre papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.
Para a salsa, mesturamos o escabeche reservado coa salsa de soia, o mel e unhas pingas de lima, removendo ata emulsionar.
Servimos os crocantes acompañados da salsa e decorados con ceboliño fresco picado e follas de perexil.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.