Cruz Vermella en Pontevedra informa dos próximos cursos formación específica en institucións penais, técnicas de animación e tempo libre, animación hospitalaria infantil e curso de animación e estimulación xerontolóxica en persoas maiores.
O obxectivo é formar un novo grupo de voluntariado para participar nas actividades e proxectos que a Institución leva a cabo en Pontevedra.
Os destinatarios destas accións formativas son persoas interesadas en realizar actividade voluntaria nos proxectos de intervención con persoas recluídas, maiores e infancia. Nas accións formativas de Cruz Vermella Mocidade, a idade mínima sería de 16 anos.
Os cursos son gratuítos, iso si, é necesario comprometerse e realizar actividade voluntaria en cada proxecto. Todos se desenvolverán nas instalacións da sede provincial de Cruz Vermella en Pontevedra co financiamento do ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Xunta de Galicia.