Cuadriplícanse as sancións a ciclistas en catro anos: 183 en 2016

Pontevedra
16 de febreiro 2017

O principal motivo de sanción foi que o ciclista non levaba casco, con 65 denuncias. Outros 38 foron sancionados por ir en bici baixo a influenciaa do alcol ou as drogas,  oito por negarse a someterse ao test de alcohol o ou drogas, 21 por circular utilizando auriculares e seis por circular sen luces ou chalecos reflectores

Tráfico e ciclista pola PO-546, a estrada vella de Marín
Tráfico e ciclista pola PO-546, a estrada vella de Marín / Mónica Patxot

A asociación Pedaladas deu a coñecer estre xoves as sancións que a Garda Civil de Tráfico en Pontevedra impuxo durante o ano pasado aos ciclistas en vías da provincia. Foron un total de 183 nun ano, unha cifra que supón cuatriplicar a media habitual de multas a este colectivo. En concreto, foron catro veces máis que nos catro anos anteriores. 

Pedaladas explica que eses datos llos facilitou á asociación a propia Xefatura Provincial de Tráfico e asegura que este incremento ten dúas explicacións. A primeira, o maior uso da bicicleta. A segunda, a petición expresa desta asociación aos axentes para que aumenten a vixilancia sobre os ciclistas. En todo caso, son datos e afirmacións realizados polo colectivo, non por Tráfico. 

Segundo estes mesmos datos, o principal motivo de sanción foi que o ciclista non levaba casco. Ocorreu en 65 denuncias contra outras tantas persoas que non cumpliron a norma que establece que é obrigatorio en vías inter urbanas para todos os ciclistas e en vías urbanas para os menores de 16 anos.

Ademais, foron sancionados 38 ciclistas por ir en bici baixo a influencia do alcol ou as drogas. As taxas de alcohol son as mesmas que para os condutores de vehículo a motor e no caso dos ciclistas non implica perda de puntos do carné, pero si a mesma sanción económica. Outros oito foron denunciados por negarse a someterse ao test de alcohol o ou drogas

Outros 21 ciclistas foron denunciados por circular utilizando auriculares, conducta que implica unha sanción de 200 euros; e seis por circular sen luces ou chalecos reflectores. Entre a posta e a saída do sol é obrigatorio circular con luces e nas vías interurbanas é obrigatorio o uso dun chaleco.

Pedaladas asegura que bota de menos que en 2016 non se realizara ningunha denuncia a ciclistas que non respectaron os semáforos e aos que circulan en grupo de máis de dous en paralelo e engaden que "non consideramos que a sanción económica sexa xusta no caso dos ciclistas". Ao respecto, recordan que nos países onde se considera unha prioridade a promoción da bicicleta, a lexislación diferencia as bicicletas dos vehículos a motor no pagamento das sancións económicas, atendendo ao menor risco para a vida que implican.