O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, acudiu este xoves á presentación do Plan Turístico Nacional Xacobeo en Santiago e no evento coincidiu coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, coa que tivo a oportunidade de compartir uns minutos para explicarlle o proxecto de desenvolvemento industrial do polígono da Ran e os proxectos que alí pretenden instalarse e optar a fondos europeos.
A dinamización deste polígono industrial resulta de "vital importancia" para Cuntis e a propia ministra comprendeu a relevancia do plan, polo que convidou o rexedor a unha reunión de traballo co secretario de Estado para profundar no proxecto, supervisar os pasos dados e explorar todas as posibilidades para optar aos fondos da Unión Europea.
Reyes Maroto participou en Compostela na presentación do Plan Turístico Nacional Xacobeo 2021-2022 que busca servir de panca para reactivar o turismo e potenciar os Camiños s Santiago.