A Comisión de Goberno do Concello de Cuntis aprobou o convenio coa Deputación de Pontevedra polo programa ReacPon, para a recuperación, mellora e urbanización de espazos públicos.
O proxecto pretende a mellora integral de O Espadenal, un dos barrios que máis actividade ten do concello, dado que nel se encontra situado o Centro de Saúde e o Auditorio municipal.
Renovaranse todos os servizos desas rúas que pasarán a ser de plataforma única, renovando o parque infantil e ampliando as zonas de desfrute social dos veciños nestas rúas.
O obxectivo desta reforma e darlle a este espazo un "uso plural, amable" e "fomentar a estancia e as mobilidades alternativas", na liña dos principios Ágora, establecidos pola Deputación de Pontevedra.