O Concello de Cuntis puxo en marcha un plan integral de limpeza e poda para mellorar a seguridade e o aspecto dos espazos públicos en todo o municipio.
A iniciativa, coordinada pola Concellaría de Medio Ambiente, abarca tanto o centro urbano como as zonas rurais e xa está en marcha desde esta semana.
No núcleo principal están a levarse a cabo podas de mantemento e saneamento en prazas emblemáticas e zonas de paso, como a Praza das Árbores, a Horta do Cura e o paseo fluvial do río Gallo.
No ámbito rural, os operarios concéntranse na talla de maleza e a sega de marxes en estradas e camiños municipais para mellorar a visibilidade para os condutores e facilitando o acceso aos núcleos de poboación.
Estas actuacións buscan garantir o crecemento saudable das árbores e eliminar riscos de caída de ramas, así como previr incidentes nunha época propensa a temporais e choivas intensas.
O alcalde Manuel Campos subliñou estes labores "non se tratan só de estética, senón de seguridade".
Coas limpezas no rural engadiu, "melloramos a visibilidade nos viarios", e coas podas no centro "previmos incidentes ante posibles temporais á vez que saneamos o noso patrimonio natural".