Cuntis lanza un programa de axudas para combater o descenso de nacementos

Umia
12 de outubro 2024
Actualizado: 18:36

Esta iniciativa, aprobada recentemente polo goberno local, destinará un total de 5.000 euros a familias con fillos nados entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024

Cuntis presenta un programa de axudas á natalidade Xunta de Galicia

O Concello de Cuntis lanzou un novo programa de axudas para a natalidade coa que busca contrarrestar o descenso de nacementos en Galicia.

Esta iniciativa, aprobada recentemente polo goberno local, destinará un total de 5.000 euros a familias con fillos nados entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024.

As axudas serán de 300 euros por neno, incrementándose a 500 euros para familias numerosas, monoparentais ou no caso de que o neno presente un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Pare recibir esta subvención, os ingresos anuais deberán ser inferiores a 45.000 euros e a renda per cápita inferior a 13.500 euros.

As familias teñen que estar empadroadas en Cuntis e os seus fillos deben rexistrarse no Padrón municipal polo menos dous anos despois do seu nacemento.

As bases do programa publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Sede electrónica do Concello nos próximos días.

As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte á publicación até o 13 de decembro, inclusive, e as xestións realizaranse na Casa Consistorial.

Finalmente, desde o Concello destacan que estas subvencións se suman ao programa Cuntilín, que proporciona apoio na conciliación familiar de forma gratuíta durante todo o ano.

Cuntis é un dos poucos municipios da provincia de Pontevedra que ofrece este tipo de servizos sen custo algún para os usuarios.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora