Cuntis reclama a Augas de Galicia o arranxo do paseo do río Gallo

Umia
20 de febreiro 2016

O paseo do río Gallo sufriu danos con motivo dos últimos temporais e das inundacións deste sendeiro

Paseo do río Gallo en Cuntis Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis reclama a Augas de Galicia, o organismo da Xunta,a reparación do paseo do río Gallo, que sufriu danos con motivo dos últimos temporais e das inundacións. O goberno local indica que procederá de forma inmediata á reparación deste paseo coa mellora do tempo, despois das reclamacións veciñais.

Para a mellora do paseo é necesaria a retirada de lodos e de capa vexetal depositada sobre o carreiro durante o anegamento. Ao mesmo tempo, o goberno local sinala que, entre outras accións, é necesaria a retirada de tubaxe da canalización eléctrica esmagada e danada e de arquetas eléctricas.

O Concello de Cuntis tamén procedeu a reparar o colector de entrada da depuradora da Casiña, eliminando os problemas de verteduras que se producía polo atasco do tubo de entrada. Ademais, os operarios procederon á limpeza da fosa.