Dan de baixa á Escola de Tempo Libre Paspallás que segue como asociación

Pontevedra
10 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A asociación continúa coa súa actividade centrada en proxectos de experiencias didácticas en espacios educativos e ambientacións artísticas e pedagóxicas

Membros da Asociación Paspallás Asociación Paspallás

A Escola de Tempo Libre Paspallás deixa de impartir formación despois de 25 anos de traxectoria, así o anunciou no seu perfil en Facebook.

A asociación continúa coa súa actividade centrada en proxectos de experiencias didácticas en espacios educativos e ambientacións artísticas e pedagóxicas.

Tal e como explican "levabamos 10 anos sen impartir cursos oficiais de tempo libre, motivo máis que suficiente para dar paso a outras inquietudes e iniciativas interesantes como asociación Paspallás".

"Simplemente grazas todas esas persoas e institucións coas que puidemos colaborar", rematan os responsables desta Escola de Tempo Libre.

"Quedamos coa gran riqueza que nos deixo o poder coñecer a persoas tan variadas e distintas, de mundos e realidades opostas e de toda Galicia e Portugal", conclúen.