De Bueu á casa de 'Gran Hermano': Hugo Pérez e a súa cabra, entran no popular concurso de Telecinco

Bueu
19 de setembro 2014

Levaba tempo Mercedes Milá anunciándoo. En Gran Hermano, este ano concúrsase en compañía. Pero poucos podían imaxinar que habería unha cabra na casa. E menos, que a súa 'parella' no programa ía ser Hugo, un mozo de Bueu de tan só 18 anos. El e a súa peculiar acompañante, que responde ao nome de Rubia, convertéronse dende o primeiro minuto no fenómeno social da décimo quinta edición do popular reality de Telecinco

Hugo Pérez e a súa cabra, no seu vídeo de presentación en 'Gran Hermano'
Hugo Pérez e a súa cabra, no seu vídeo de presentación en 'Gran Hermano' / Mediaset España

Levaba tempo Mercedes Milá anunciándoo. En Gran Hermano, este ano concúrsase en compañía. Pero poucos podían imaxinar que habería unha cabra na casa. E menos, que a súa 'parella' no programa ía ser Hugo, un mozo de Bueu de tan só 18 anos. El e a súa peculiar acompañante, que responde ao nome de Rubia, convertéronse dende o primeiro minuto no fenómeno social da décimo quinta edición do popular reality de Telecinco.

A Rubia vímola case dende o principio do programa, pero non coñecimos o seu dono ata varias horas despois. Hugo decidiu aceptar o reto que lle formulaba o concurso e presentarse ao programa coa cabra, o animal co que, di, vai a todas as partes.

Segundo destaca a web do programa, este estudante confesa ser bruto, canalla e moi vago, ademais de "moi golfo". O seu obxectivo, asegura, é gañar o diñeiro para saír da situación na que se encontra a súa familia.

Considérase unha persoa divertida e destaca que os seus amigos rin sempre que están con el. Ten moza, levan xuntos sete meses, aínda que mantén que todas as súas relacións son sempre "curtas e divertidas". Gústalle saír cos seus amigos, gozar da natureza e vivir novas aventuras.

Hugo tratará de convivir durante máis de tres meses na casa de Gran Hermano, situada na localidade madrileña de Guadalix de la Sierra. E todo por un suculento premio, 300.000 euros en xogo para o último dos 16 concursantes que saia pola porta do popular concurso. Para el, Rubia é a súa "parella perfecta" para lograr o suculento maletín.

Pouco tempo despois de saír en pantalla, as redes sociais revolucionáronse con Hugo e a súa cabra. Bueu chegou a ser trending topic en Twitter e o hashtag #TodosSomosHugo, foi unha das tendencias da noite nesta coñecida rede social.