Defensa recruta en Pontevedra a 73 aspirantes para a escala de Tropa e Mariñeiría

Pontevedra
02 de novembro 2022

Finaliza na Subdelegación de Defensa en Pontevedra o segundo ciclo do ano do proceso selectivo de Tropa e Mariñeiría

Parada militar polo 56 aniversario da Brilat Mónica Patxot

O Ministerio de Defensa pechou o segundo ciclo do proceso selectivo 2022 para o ingreso como militar profesional da escala de Tropa e Mariñeiría das Forzas Armadas, con notable afluencia de peticións na provincia de Pontevedra.

Para este segundo ciclo, recibíronse no Centro de Selección da Subdelegación de Defensa da provincia de Pontevedra 354 solicitudes (293 homes e 61 mulleres) para participar no proceso selectivo. 

En total, 63 aspirantes de Pontevedra obtiveron praza. Igualmente, foron recrutados no Centro de Selección pontevedrés un total de 10 aspirantes procedentes da provincia de Ourense, o que fai un total de 73 seleccionados (65 homes e 8 mulleres). Deles, 59 irán a unidades do Exército de Terra, 9 á Armada e 5 ao Exército do Aire. 

As Forzas Armadas proporcionan unha saída profesional e permite continuar os estudos, xa que se obteñen títulos do Sistema Educativo Xeral (de Grao e de Técnico Superior), e tense a posibilidade de proxección, tendo en conta que se reservan moitas prazas para promoción interna.