Delegados de CIG demandan cunha concentración a posta en marcha de políticas de emprego

Pontevedra
23 de abril 2014

O sindicato nacionalista prepara a manifestación do próximo 1 de maio, Día da Clase Traballadora, destacando a importancia de mobilizarse porque "o maior problema que ten neste momento Galiza é o desemprego"

Concentración de delegados sindicais de CIG PontevedraViva

O 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, aproxímase e a CIG intenta concienciar os cidadáns para manifestarse ante unhas "decisións políticas que están a tomar están afondando na situación de precariedade dos traballadores", defende Marcos Conde, o seu secretario comarcal.

Por este motivo delegados sindicais da central nacionalista protagonizaron unha concentración na praza da Peregrina centrando as súas protestas na falta de políticas activas de emprego que freen a "masiva emigración" da mocidade.

"Non vai a ser a última manifestación neste tema", defende Conde, porque "o paro cada vez é maior, non muda, e o que ten traballo está cada vez nunha situación peor".

Segundo defende o representante de CIG "o maior problema que ten neste momento Galiza é o desemprego, estamos nun 30% real de paro e parece que as administracións, nin a Xunta nin o Goberno lle presta importancia".