Demetrio Gómez asegura que "as novas liñas de autobús están a funcionar ben"

Pontevedra
16 de novembro 2021

O concelleiro de transporte do Concello de Pontevedra, Demetrio Gómez, afirmou que "as novas liñas de autobús están a funcionar ben" e que "responden as necesidades dos veciños e veciñas". Esta valoración atende aos datos ofrecidos por un estudo sobre a utilización do renovado transporte urbano na cidade

Liñas de bus urbano en Pontevedra
Liñas de bus urbano en Pontevedra / PontevedraViva

O concelleiro de transporte do Concello de Pontevedra, Demetrio Gómez, afirmou que "as novas liñas de autobús están a funcionar ben" e que "responden as necesidades dos veciños e veciñas". Esta valoración responde os datos ofrecidos por un estudo sobre a utilización do renovado transporte urbano na cidade.

O pasado mes de outubro as dúas liñas urbanas foron utilizadas por un total de 19.629 viaxeiros. A Liña 1 (Estacións - A Xunqueira - Monte Porreiro) rexistrou 10.450 viaxeiros e a Liña 2 (Praza de Galicia - Montecelo - Monte Porreiro) tivo 9.179.

Segundo informou Demetrio Gómez, este estudo recolle un descenso no uso do transporte público provocado pola pandemia. A comparación cos datos do mes de outubro de 2021 mostra unha caída da utilización dos autobuses na cidade respecto a os datos pre pandemia aínda que están en proceso de recuperación: en 2020 produciuse unha caída do 31,5% respecto do 2019. Este ano hai unha recuperación con respecto a 2020 (+19,16%) aínda que non se recuperou todo o tráfico de 2019 (-18,63%).

Na pandemia produciuse un descenso xeneralizado do uso do transporte público segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística tanto no Estado como en Galicia con motivo da crise sanitaria da covid-19. Concretamente no Estado produciuse unha caída entre 2019 e 2020 do 44,27% e en Galicia foi do 40,78%.

Esta situación mantense a día de hoxe practicamente inalterada con respecto a 2020. No Estado houbo unha recuperación do 2,86%.

Segundo este estudo que manexa o Concello, en Pontevedra a caída no uso do transporte público foi menor e a recuperación está a ser moito máis acusada (6,5 veces maior que no Estado e case 10 veces mellor que en Galicia). Demetrio Gómez conclúe que as novas liñas de transporte "dan un bo servizo, por iso temos mellores datos".

Demetrio Gómez considera unha "irresponsabilidade" por parte do Partido Popular as súas críticas e "ocorrencias" en relación con estas liñas de transportre cando levan pouco tempo implantadas "por agora temos que esperar" a que este servizo consolídese, dixo o concelleiro.