Dende a Deputación ven manipulación política na convocatoria da manifestación sanitaria

Pontevedra
14 de febreiro 2014

O vicepresidente do organismo provincial, José Manuel Figueroa, entende que as medidas adoptadas por parte da Consellería de Sanidade de traslado de pacientes da area sanitaria norte a Santiago "se están facendo para ir a mellor"

Jose Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación
Jose Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación /
O goberno da Deputación ve intereses políticos na manifestación pola sanidade pública /

O vicepresidente da Deputación Provincial, José Manuel Figueroa, afirmaba este mediodía que a Plataforma SOS Sanidade Pública "está manipulando" políticamente para facer o chamamento que fai aos cidadáns para que asistan ás manifestacións pola snaidade como a que na tarde deste vernes ás 20 horas partirá da Praza da Ferraría.

Según explicou Figueroa "estamos un momento de crise e a Xunta e o presidente galego están tendo un compromiso firme pola sanidade pública como pode ser o proxecto de construción do Hospital de Pontevedra, a ampliación do Hospital do Salnés e un novo hospital na cidade de Vigo. Agora que se está a facer parece que a algún lle molesta que se poidan por en marcha e eses compromisos se poidan cumprir".

O vicepresidente da Deputación indicou que "é unha cuestión máis de contido político que técnico". En relación co traslado de pacientes da área sanitaria norte de Pontevedra a Santiago en lugar de a Vigo sinalou que "eu creo que se están tomando as decisións correctas para que o conxunto da sanidade pública funcione correctamente. Creo que as áreas de reparto se están facendo en base a criterios para buscar a máxima eficiencia no servizo. O tempo nos dará o quitará razóns".

"Isto é a potenciación de novas tecnoloxías e de mellor atención aos pacientes", apuntou José Manuel Figueroa que reclamou tempo para que se poida comprobar a eficacia das medidas que está adoptando o goberno galego.