Santiago, novo destino sanitario

Manifestación en defensa da Sanidade Pública 26 de marzo

Pontevedra volve saír á rúa para reclamar unha Sanidade pública de calidade

26/03/2014
Pontevedra

Miles de pontevedreses saíron ás rúas para participar da manifestación, convocada polos sindicatos sanitarios, en defensa da Sanidade Pública e en contra dos recortes, desmantelamento e privatizacións. Á marcha que se iniciou no Hospital Provincial e que se trasladou ata a Praza de España sumáronse membros do goberno local de Pontevedra...

PontevedraViva
Hospital Montecelo

O PSdeG-PSOE critica que o novo mapa sanitario "condena a non medrar" ao hospital de Pontevedra

08/03/2014
Pontevedra

O grupo parlamentario do PSdeG-PSOE denuncia que o novo mapa sanitario que empezou a funcionar nos últimos meses deixa un reparto "absolutamente discriminatorio" dos servizos e "condena a non medrar aos hospitais provinciais de Pontevedra, Ourense, Ferrol e Lugo, e provoca a morte dos hospitais comarcais". No que respecta a Pontevedra,...

PontevedraViva
Manifestación en defensa da Sanidade pública

Numerosa manifestación pola sanidade baixo a borrasca

14/02/2014
Pontevedra

Ao redor de cinco mil cidadáns fixeron fronte ao mal tempo e con chuvasqueiros e paraugas enfrontáronse á chuvia percorrendo as rúas de Pontevedra para reivindicar a defensa da sanidade pública nun momento de especial sensibilidade para a poboación pontevedresa ante a decisión da Xunta de Galicia de reorganizar os...

PontevedraViva
Jose Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación

Dende a Deputación ven manipulación política na convocatoria da manifestación sanitaria

14/02/2014
Pontevedra

O vicepresidente da Deputación Provincial, José Manuel Figueroa, afirmaba este mediodía que a Plataforma SOS Sanidade Pública "está manipulando" políticamente para facer o chamamento que fai aos cidadáns para que asistan ás manifestacións pola snaidade como a que na tarde deste vernes ás 20 horas partirá da Praza da Ferraría. Según...

PontevedraViva

Os alcaldes apelan á "presión popular" para frear a reforma sanitaria

13/02/2014
Pontevedra

Os alcaldes nacionalistas e socialistas da comarca de Pontevedra escenificaron este xoves a súa unidade nunha fronte común contra a reorganización da área sanitaria e facer un chamamento á cidadanía para que participe na manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública de Pontevedra. Na sala de prensa do concello capitalino compareceron...

Oskar Viéitez

A CIG detecta preocupación entre os pacientes pola situación sanitaria en Pontevedra

12/02/2014
Pontevedra

O sindicato CIG instalou unha mesa informativa no Hospital Provincial durante a mañá deste mércores 12 para recordar aos pacientes deste centro da manifestación organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública que se vai desenvolver o venres 14 ás 20.00 horas en Pontevedra. O secretario comarcal da central nacionalista, Marcos Conde, indicou...

PontevedraViva
Acto público en defensa da sanidade, organizado por SOS Sanidade Pública

As forzas vivas de Pontevedra xúntanse para debater sobre a situación da área sanitaria

11/02/2014
Pontevedra

Catro días antes da manifestación que percorrerá as rúas de Pontevedra en protesta pola reordenación do mapa sanitario, que derivará aos pacientes pontevedreses a Santiago para tratarse dalgunhas especialidades, SOS Sanidade Pública celebrou este luns un acto informativo sobre a situación na área norte para concienciar á cidadanía do efecto...

PontevedraViva
Fachada principal do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra en Montecelo

Sanidade califica de "satisfactoria" a reordenación sanitaria e lamenta o "debate ficticio" que xenera

08/02/2014
Pontevedra

A Comisión Asistencial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra destaca a "axeitada operatividade asistencial" dos cambios que se produciron tras a reordenación do mapa sanitario galego. Aseguran que estes cambios, que levan operativos xa cinco meses, afecta tan só una "pequena porcentaxe de patoloxías concretas" que se derivan a Santiago...

PontevedraViva

SOS Sanidade pública quenta motores de cara á manifestación do 14-F

07/02/2014
Pontevedra

A Plataforma contra a privatización e polo Hospital ÿnico de Pontevedra (SOS Sanidade Pública), quenta motores de cara á gran manifestación cidadá convocada para o venres 14 de febreiro. Ao longo destes días os responsables deste colectivo realizarán diversos actos informativos para "concienciar á cidadanía do importante que é a mobilización",...

Oskar Viéitez

Protestan pola falta de investimento sanitario cun Vía Crucis dende Monte Carrasco ata Montecelo

05/02/2014
Pontevedra

Integrantes da Federación de Veciños Castelao protagonizarán un Vía Crucis reivindicativo o sábado ás 11.00 horas dende Monte Carrasco ata o Hospital Montecelo como forma de protesta polo castigo que "sofren os usuarios da área sanitaria norte de Pontevedra" durante os últimos cinco anos. O presidente do colectivo, Verísimo Pazos, presentou...

PontevedraViva
O presidente do Colexio de Médicos, Luis Campos Villarino; o voceiro de SOS Sanidade Pública, Francisco Vizoso e o alcalde de Pontevedra

O Colexio de Médicos apoia as mobilizacións en contra da reorganización sanitaria

05/02/2014
Pontevedra

A Xunta Directiva do Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra acordou, por maioría, apoiar as reivindicacións dos profesionais e dos cidadáns "en contra da subtracción de pacientes da Área Norte da provincia e a súa derivación a Santiago de Compostela en detrimento da Área de Vigo". Nunha reunión do...

PontevedraViva
Pleno da Deputación de Pontevedra

A Deputación rexeita unha moción contraria á reorganización da Área Sanitaria

31/01/2014
Pontevedra

O grupo provincial do Partido Popular fixo valer a súa maioría absoluta na Deputación de Pontevedra para rexeitar a moción da oposición na que se reclamaba que as especialidades sanitarias derivadas a Santiago retornen a Vigo e Pontevedra. O secretario do PSdeG de Pontevedra, Santos Héctor, voceiro na corporación provincial, trasladou...

Oskar Viéitez
Mónica Patxot
Miguel Fernández Lores, nunha das súas intervencións no pleno

Lores advirte que a reordenación do mapa sanitario convertirá o CHOP nun "hospital de terceira"

30/01/2014
Pontevedra

A reordenación do mapa sanitario galego, que implicará que pacientes do área sanitaria norte deban desprazarse a Santiago para ser tratado nalgunhas especialidades, segue xerando críticas desde diferentes ámbitos sociais. A este respecto volveuse a pronunciar este xoves o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que fixo un chamamento...

Alejandro Espiño
Concentración ante o Hospital Provincial

A xunta de personal do CHOP espera que Feijóo tome exemplo da paralización en Madrid da xestión privada sanitaria

28/01/2014
Pontevedra

Este martes 28 comezaron as concentracións ante os Hospitais e centros de saúde de Pontevedra, convocadas pola xunta de persoal do Complexo Hospitalario (CHOP) para protestar contra o desmantelamento da sanidade pública, os traslados de pacientes da área sanitaria norte a Santiago e a externalización do servizo de esterilización. A noticia...

Anxo Lourido
Anxo Lourido
Antón Louro, voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE

Louro insta a Núñez Feijóo a "non quedar só defendendo a privatización da Sanidade"

28/01/2014
Pontevedra

O grupo municipal do PSdeG-PSOE está a ultimar a moción que presentará ao próximo Pleno municipal contra a modificación do mapa sanitario das superespecialidades e contra o mantemento do proxecto do hospital semiprivado de Monte Carrasco, na que considera que o PP quedou non só sen apoios, senón tamén sen...

PontevedraViva
O secretario de Sanidade da executiva local do PSOE, Víctor Pedreira, conversa con Agustín Fernández

O PSOE critica que a Xunta favoreza á Coruña fronte a Pontevedra en materia sanitaria

25/01/2014
Pontevedra

Representantes do Partido Socialista mostraron o seu desacordo coas últimas medidas adoptados pola Consellería de Sanidade en relación coa área sanitaria norte de Pontevedra e a decisión de trasladar pacientes de determinadas especialidades a Santiago. Nunha rolda de prensa, o responsable en materia sanitaria do PSOE local, Víctor Pedreira e...

PontevedraViva

A Federación Castelao mobilizarase contra o desvío de pacientes a Santiago

18/01/2014
Pontevedra

Os responsables da Federación de asociacións de veciños Castelao deron este sábado unha rolda de prensa para anunciar unha "campaña de protestas" contra o novo mapa sanitario impulsado pola Xunta. O presidente desta Federación, Verísimo Pazos, convocará á súa xunta directiva co propósito de "organizar as mobilizacións" nas que expresar o...

Oskar Viéitez
Manifestación en defensa da Sanidade pública

CC.OO. chama á mobilización social contra as derivacións sanitarias a Santiago

16/01/2014
Pontevedra

A modificación do mapa de derivacións da Consellería de Sanidade provocou que o sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) reclame a protesta e a mobilización social en contra da medida que supón a obriga de trasladarse a Santiago en seis especialidades médicas da área sanitaria norte de Pontevedra. José Luis García Pedrosa, secretario...

PontevedraViva
Fachada principal do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra en Montecelo

Doentes de seis especialidades do CHOP terán que trasladarse a Santiago para seren tratados

13/01/2014
Pontevedra

A decisión do Sergas de derivar os pacientes da Área Sanitaria Norte da provincia ao Hospital Clínico de Santiago. no que atinxe a determinadas especialidades cirúrxicas, foi adoptada "con nocturnidade e absoluta falta de transparencia", segundo denuncia o PSdeG-PSOE. Supón, di Antón Louro, "outro novo deterioro na calidade da atención...

PontevedraViva